Na mañá de hoxe sábado, varios membros da asociación “Auga Limpa”, estivemos recollendo firmas no centro de Ponteareas.
O longo da mañá tivemos a oportunidade de cambiar impresións cos veciños que se achegaban a falar connosco e que colaboraban coa nosa causa firmando un texto no que se insta o Concello de Ponteareas a que poña solución ó mal servizo de auga potable na vila. Os veciños nos trasladaban o seu descontento por non poder utilizar a auga que sae pola billa para mais que lavar ou ducharse, tendo que comprar auga embotellada ou acudir ás fontes para poder ter auga coa que se poida beber ou cociñar.
Nas dúas horas e media que estivemos recollendo firmas, firmaron uns 140 veciños, firmas que se unen ás preto das 500 que xa tiñamos recollidas, co que levamos polo de agora unhas 640, sen contar coas que teñan no seu poder outros socios que tamén están recollendo firmas pero que aínda non temos contabilizadas.
Seguiremos coa loita ata que por fin en Ponteareas se poida beber a auga que sae pola billa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario