lunes, 10 de noviembre de 2008

A Asociación Auga Limpa entrega 800 sinaturas que reclaman a construción dunha ETAP en Ponteareas.

A asociación Auga Limpa de Ponteareas fixo este venres 7 de novembro ás 11 da mañá, a entrega no Concello de Ponteareas das sinaturas recollidas entre os veciños reclamando a mellora do servizo de auga potable na vila.
Recolléronse máis de 800 sinaturas que fixeron chegar ó Concello.
“Agardamos que isto sirva para que tanto o Concello como a Xunta de Galicia tomen nota do descontento dos veciños e leven adiante o proxecto da construción dunha Estación de Tratamento de Auga Potable en Ponteareas”, explica Lino Costas, secretario da Asociación Auga Limpa.
Segundo este, de acordo cun escrito remitido a esta asociación pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, existe un orzamento de 1.381.142,55 que está a espera de ser tramitado e licitado este ano 2008 unha vez a Consellería reciba unha serie de documentación requirida ó Concello e os terreos necesarios para a construción da planta.
“Pola súa parte, o Alcalde de Ponteareas asegurou no Pleno Municipal celebrado o 30 de outubro, que no día seguinte, venres 31, asinaría a compra dos terreos. Si todo isto é así, non debería haber ningún atranco máis polo que agardamos que sen máis demora poñan en marcha este proxecto tan importante para a vila. Sería unha mostra de moi pouca vontade política atopar agora escusas para atrasar máis o proxecto”.
Noticia publicada en "A Peneira" de Condado/Paradanta.
Fotos de Asociación Auga Limpa.

jueves, 6 de noviembre de 2008

A asociación Auga Limpa fará entrega das firmas de reclamación ó Concello

A asociación Auga Limpa fará este venres 7 de novembro ás 11 da mañá entrega no Concello de Ponteareas das firmas recollidas entre os veciños reclamando a mellora do servizo de auga potable na vila. Levamos recollidas máis de 800 firmas que faremos chegar ó Concello. Esperamos que isto sirva para que tanto o Concello como a Xunta de Galicia tomen nota do descontento dos veciños e leven adiante o proxecto da construción dunha Estación de Tratamento de Auga Potable en Ponteareas.
De acordo cun escrito remitido a esta asociación pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, existe un orzamento de 1.381.142,55 que está a espera de ser tramitado e licitado este ano 2008 unha vez a Consellería reciba unha serie de documentación requirida ó Concello e os terreos necesarios para a construción da planta. Pola súa parte, o Alcalde de Ponteareas asegurou no Pleno Municipal celebrado o 30 de outubro, que no dia seguinte, venres 31, firmaría a compra dos terreos.
Si todo isto é así, non debería haber ningún atranco máis polo que esperamos que sen máis demora poñan en marcha este proxecto tan importante para a vila. Sería unha mostra de moi pouca vontade política encontrar agora escusas para atrasar máis o proxecto.

miércoles, 22 de octubre de 2008

Sin noticias dos terreos.

Despóis de ter solicitado ó Concello información sobre si adquirira os terreos necesarios para a contrucción dunha potabilizadora, o Alcalde nos comunica que está á espera de ser requerido pola Notaría para firmar a escritura de compra-venda dos terreos para poñelos a disposición da Consellería de Medio Ambiente. Isto foi con rexistro de saída de 22 de setembro de 2008. Xá vai un mes e non nos consta que a escritura esté firmada e achegada á Consellería.
Volveremos a solicitar información, a ver cal é agora o problema.

domingo, 21 de septiembre de 2008

Resposta do Valedor do Pobo.

Mostramos aquí unha das respostas do Valedor do Pobo ás reclamacións que lle enviamos por escrito reclamando que inste ó Concello a solucionar o problema da auga.
Animámosvos a que todos enviedes reclamacións. Si alguén quere enviar un texto de reclamación dos que preparamos e non o ten, pode conseguilo póndose en contacto con nós no teléfono da asociación ou por correo electrónico.
A día de hoxe non nos consta que o Concello teña á súa disposición os terreos necesarios para a construcción da E.T.A.P. .

Preme nas imaxes para velas no tamaño orixinal.

lunes, 8 de septiembre de 2008

Y al vacíar la bañera...

...podemos ver claramente los residuos en estas fotos.

(Clicka en cada imagen para verlo en detalle).

Así salía el agua el 06/09/2008.

sábado, 14 de junio de 2008

Recollida de firmas.


Na mañá de hoxe sábado, varios membros da asociación “Auga Limpa”, estivemos recollendo firmas no centro de Ponteareas.
O longo da mañá tivemos a oportunidade de cambiar impresións cos veciños que se achegaban a falar connosco e que colaboraban coa nosa causa firmando un texto no que se insta o Concello de Ponteareas a que poña solución ó mal servizo de auga potable na vila. Os veciños nos trasladaban o seu descontento por non poder utilizar a auga que sae pola billa para mais que lavar ou ducharse, tendo que comprar auga embotellada ou acudir ás fontes para poder ter auga coa que se poida beber ou cociñar.
Nas dúas horas e media que estivemos recollendo firmas, firmaron uns 140 veciños, firmas que se unen ás preto das 500 que xa tiñamos recollidas, co que levamos polo de agora unhas 640, sen contar coas que teñan no seu poder outros socios que tamén están recollendo firmas pero que aínda non temos contabilizadas.
Seguiremos coa loita ata que por fin en Ponteareas se poida beber a auga que sae pola billa.

jueves, 12 de junio de 2008

A asociación "Auga Limpa" solicita información á Consellería de Medio Ambiente



Ante a falta de información sobre o estado dos trámites para a construción dunha E.T.A.P. en Ponteareas, a asociación “Auga Limpa”, enviou un escrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para que os veciños poidamos ter unha idea clara de cal é neste intre a situación. No escrito que enviamos á Consellería figuran as seguintes preguntas :
  1. ¿Recibiu a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible unha proposta remitida polo Concello de Ponteareas poñendo á súa disposición uns terreos para a construción dunha E.T.A.P.?
  2. En caso de ter recibido a dita proposta, ¿son aptos estes terreos para a construción da E.T.A.P.?
  3. En caso de ser aptos, ¿existe algunha partida orzamentaria para a realización desta obra?

Por outra banda, tamén solicitamos por escrito ó Alcalde de Ponteareas que nos informe sobre o resultado da reunión que mantivo co Conselleiro de Medio Ambiente.

Con data do 10-04-08, membros da directiva da asociación, mantivemos unha entrevista co alcalde de Ponteareas na que nos comunicou que tiña previsto manter unha reunión co Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que se trataría o tema da E.T.A.P. de Ponteareas. O Alcalde comprometeuse a darnos conta desta reunión unha vez celebrada. A dia de hoxe, aínda non recibimos ningunha notificación ó respecto.

Esperamos ter rápida resposta tanto por parte da Consellería como do Concello e que digan claramente si van a solucionar o mal servizo de auga potable en Ponteareas, ou pola contra van a seguir responsabilizándose uns a os outros.

miércoles, 28 de mayo de 2008

O Concello non informa ós veciños


Na reunión que tivemos co alcalde o día 10-04-08, comprometeuse a comunicarnos o resultado da entrevista que tiña previsto manter co Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible,Manuel Vázquez.Despois de celebrada a nosa Asemblea Xeral, na que comunicamos que estábamos á espera de novas do Concello, nos decatamos de que o alcalde, xunto con representantes das asociacións veciñais de Xinzo, Areas e Arnoso, se reuniron con el, o día 15-04-08, reunión á que por suposto, non fomos invitados.

A día de hoxe o alcalde aínda non se puxo en contacto connosco como acordara para informarnos do resultado de dita reunión. Parece ser que ó señor alcalde non lle parece importante dar conta ós veciños da súa actuación á fronte do Concello.

sábado, 12 de abril de 2008

Ángela Silva e Lino Costas mantiveron unha reunión co alcalde de Ponteareas


O pasado xoves, 10 de abril de abril, Ángela Silva e Lino Costas, como membros da xunta directiva da asociación Auga Limpa, mantivemos unha reunión co alcalde de Ponteareas, Salvador González, na que lle transmitimos o descontento dos veciños co servizo da auga potable no Concello e a urxencia da solución deste problema. O alcalde recoñecéu a mala calidade da auga, e dixo ter apalabrado o terreo necesario para a construcción dunha planta potabilizadora que resolvería o problema, e que tiña prevista unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez da que se comprometéu a trasmitirnos o resultado. Por outro lado, pedímoslle que se fixeran públicos os resultados das análises periódicas obligatorias ás que ten que ser sometida a auga, de maneira que todos os veciños puideran ter aceso a eles. Neste asunto comprometeuse a decirlle a empresa concesionaria do servizo, Aquagest, que expoña o resultado destes análises nas súas oficinas, aínda que ó noso parecer o máis adecuado sería que foran expostos no tablón de anuncios do Concello.
Esperamos que exista vontade política tanto pola parte do goberno municipal como por parte da Xunta para solucionar este problema, e que o asunto non se convirta en bota-la pelota uns ó tellado dos outros mentres os veciños seguimos pagando por unha auga que non podemos utilizar; por certo, aínda máis cara.

Normativa de calidad del agua de consumo.

REAL DECRETO 140/2003, DE 7 DE FEBRERO,  por el que se establecen los criterios sanitarios de la calidad del agua de consumo humano (BOE nº 45, de 21 de febrero de 2003).

Artículo 4. Responsabilidades y competencias.
 
Sin perjuicio de lo establecido en la Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad, y en la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, se establecen las siguientes responsabilidades en el ámbito de este Real Decreto:
 
1. Los municipios son responsables de asegurar que el agua suministrada a través de cualquier red de distribución, cisterna o depósito móvil en su ámbito territorial sea apta para el consumo en el punto de entrega al consumidor.
 
2. Cuando la captación o la conducción o el tratamiento o la distribución o el autocontrol del agua de consumo lo realice un gestor o gestores distintos del municipio, éste velará por el cumplimiento de este Real Decreto por parte de los mismos.
La responsabilidad de los gestores finaliza en el punto de entrega a otro gestor o en la llave de paso general de la acometida del consumidor.
 
3. Los municipios velarán por el cumplimiento de las obligaciones de los titulares de los establecimientos que desarrollen actividades comerciales o públicas en relación con lo que señala esta disposición. Los titulares de dichos establecimientos deberán poner a disposición de sus usuarios agua apta para el consumo.
 
4. Corresponde a los municipios el autocontrol de la calidad y el control en grifo del agua que consume la población en su municipio cuando la gestión del abastecimiento sea de forma directa.
 
5. Cuando la gestión del abastecimiento sea de forma indirecta, el autocontrol de la calidad del agua de consumo humano es responsabilidad de los gestores, cada uno en su propia parte del abastecimiento.
 
6. Si la calidad del agua de consumo humano sufre modificaciones que impliquen que de forma temporal o permanente no sea apta para el consumo, en cada uno de los casos que señalan los apartados 1, 2 y 3 del presente artículo, el gestor deberá poner en conocimiento de la población y/o de los otros gestores afectados, así como del municipio, en su caso, dicha situación de incumplimiento, las medidas correctoras y preventivas previstas, a través de los medios y en la forma que considere más adecuada, de acuerdo con la autoridad sanitaria, a fin de evitar cualquier riesgo que afecte a la protección de la salud humana.
 
7. Los propietarios del resto de los inmuebles que no estén recogidos en el apartado 3, son responsables de mantener la instalación interior a efectos de evitar modificaciones de la calidad del agua de consumo humano desde la acometida hasta el grifo.
 
Artículo 5. Criterios de calidad del agua de consumo humano.
 
El agua de consumo humano deberá ser salubre y limpia.
A efectos de este Real Decreto, un agua de consumo humano será salubre y limpia cuando no contenga ningún tipo de microorganismo, parásito o sustancia, en una cantidad o concentración que pueda suponer un riesgo para la salud humana, y cumpla con los requisitos especificados en las partes A y B del anexo I.
 
Artículo 6. Punto de cumplimiento de los criterios de calidad del agua de consumo humano.
 
El agua de consumo humano que se pone a disposición del consumidor deberá cumplir los requisitos de calidad señalados en esta disposición, en los siguientes puntos:
 
a) El punto en el cual surge de los grifos que son utilizados habitualmente para el consumo humano, para las aguas suministradas a través de una red de distribución, dentro de los locales, establecimientos públicos o privados y domicilios particulares.
 
b) El punto en que se pone a disposición del consumidor, para las aguas suministradas a partir de una cisterna, de depósitos móviles públicos y privados.
 
c) El punto en que son utilizadas en la empresa, para las aguas utilizadas en la industria alimentaria.