domingo, 9 de mayo de 2010

Auga Limpa celebra a súa III Asemblea Xeral Ordinaria

Este domingo 9 de maio ás 11:30 da mañán, a asociación Auga Limpa celebróu no Centro Multiusos de Ponteareas a súa III Asemblea Xeral Ordinaria.

Nesta asemblea os socios valoraron positivamente a labor da asociación posto que ó parecer foi determinante para que agora mismo xá estea licitada a construción de unha planta potabilizadora en Ponteareas. A licitación da obra aparecéu publicada no D.O.G. do xoves 25 de febreiro de 2010 cun prazo de execución de 15 meses. Xa que logo, a labor da asociación a partir de agora se centrará en facer o seguimento ó proceso de construción desta obra.

Por outra banda, os socios acordaron permanecer adheridos á Plataforma Defendendo o Tea, posto que todos estiveron de acordo na importancia desta plataforma para loitar pola saúde do rio Tea e o seu contorno.

Asociación Auga Limpa.

martes, 9 de marzo de 2010

Xuntanza co Alcalde de Ponteareas

Membros da asociación Auga Limpa mantivemos no dia de hoxe unha xuntanza co alcalde de Ponteareas Gonxález Solla.
Esta asociación, solicitóu varias veces ó Concello de Ponteareas ó longo do ano 2009 que se lle informara por escrito da marcha do proxecto da E.T.A.P. de Ponteareas. En todo ese tempo non obtuvemos ningunha información e foi xá no 2010, despois de solicitar unha entrevista persoal, cando o alcalde acedéu a falar con nós.

A xuntanza de hoxe produciuse despóis da publicación no D.O.G. do 25 de febreiro da licitación do proxecto da E.T.A.P. de Ponteareas, que ten un prazo de execución total de 15 meses. Xá que logo, o desenrolo da reunión limitouse á ratificación por parte do Alcalde do xá aparecido no D.O.G. e a reivindicación pola nosa parte de que non se desatendan nun futuro as nosas solicitudes de información de un asunto de tanta importancia para a nosa asociación e para tódolos veciños en xeral.

Dende esta asociación, esperamos que esta obra, que viría a dar solución á mala calidade da auga na vila de Ponteareas comence e remate canto antes, polo que continuaremos facendo un seguimento do desenrolo do proxecto.
Queremos tamén agradecer ós veciños o seu apoio e animalos a que sigan loitando, xá que soamente coa concienciación e movilización acadaremos unha vila mellor.

jueves, 14 de enero de 2010

Ampliar o inexistente.

A cara dura dos nosos rexidores municipais parece non ter límites. Na web do Concello de Ponteareas, con motivo da visita do delegado territorial da Xunta, Coures Tourís, donde falan dos distintos proxectos e obras que se están a realizar, di textualmente: "A maiores destas obras, tamén cabe destacar as obras de ampliación da ETAP de Ponteareas que conta cun presuposto de 1.381.142,55 euros". Agora resulta, que xa tiñamos unha E.T.A.P. na vila e nos sen enterarnos. E por riba levamos todo este tempo reclamando que se faga unha. Incrible.

Por outro lado, seguen publicitando a bombo e platillo as obras de saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas, o cal está moi ben, pero nos seguímonos preguntandos qué é o que teñen pensado facer coas augas residuais que recollerán no futuro estes colectores, posto que a depuradora de augas residuais (E.D.A.R.) que existe actualmente é insuficiente ( se non que expliquen por qué os vertidos de augas residuais que pasan ó lado da depuradora van a parar directamente ó rio) e non parece que teñan ningunha intención de ampliar a existente ou de facer unha nova. Por suposto non se pararon a pensar niso. Verterán directamente ó rio, total traga con todo. O final chegará o dia no que o rio Tea sexa unha canle de auga pútrida e nos preguntaremos por qué.


miércoles, 13 de enero de 2010

Un ano máis sen E.T.A.P.

Dende a asociación Auga Limpa queremos manifestar o noso malestar pola falta de avance no proxecto da E.T.A.P. en Ponteareas.
Xa pasou máis de un ano dende que o Pleno Municipal aprobou o proxecto da futura potabilizadora de Ponteareas e a dia de hoxe aínda non existe data para o inicio das obras.

No pasado mes de outubro o Alcalde de Ponteareas felicitábase de ter acadado un aumento do financiamento da obra por parte da Consellería de Medio Ambiente dun 70% a un 80% e agradecía o “esforzo orzamentario” da dita Consellería, pero isto parece que finalmente non valeu para nada. Agora resulta que o Concello non pode asumir o 20% do costo da obra que lle tocaría financiar polo que estamos igual que antes.

Queremos recordar, que o servizo de auga potable é un servizo básico e o Concello, independentemente de que este servizo estea xestionado por unha empresa privada, é o responsable de que se preste en boas condicións, polo que a construción dunha potabilizadora na vila debería ser para o Goberno Municipal unha prioridade. O Goberno Municipal ten a obriga de por solución á mala calidade da auga en Ponteareas, e estamos seguros de que así como acada financiamento das distintas administracións para obras de menor importancia, tamén pode acadala para a E.T.A.P.. Solo fai falta interese en solucionar o problema, sexa por parte do Concello, da Xunta ou do Estado.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Asemblea Xeral Extraordinaria

O pasado 25 de outubro de 2009, a Asociación Auga Limpa celebrou unha Asemblea Xeral Extraordinaria debidamente convocada co seguinte punto no orde do día:

· Adhesión da asociación Auga Limpa á plataforma Defendendo o Tea.

Na asemblea explicouse os socios o tipo de actividade ó que se vai a dedicar a Plataforma, da que forman parte diversas organizacións veciñais e políticas.
Esta actividade consiste principalmente na divulgación dos valores do rio Tea e a súa protección.

Unha vez debatido o asunto, aprobouse por unanimidade dos socios presentes a inclusión da asociación Auga Limpa na plataforma Defendendo o Tea, así como o pago por este ano 2009 da cuota anual de 60 euros da nosa asociación á plataforma.

O pago da cuota, así como a adhesión da asociación á plataforma, quedará supeditado anualmente á aprobación dos socios, que valorarán a conveniencia de permanecer na plataforma.

sábado, 24 de octubre de 2009

Augas de Galicia aínda está supervisando o proxecto da E.T.A.P. de Ponteareas.

Dende a asociación Auga Limpa queremos manifestar a nosa sorpresa ó ter coñecimento das declaracións do Alcalde de Ponteareas, D. Salvador González nas que manifestaba que se está ultimando a tramitación previa das obras da ETAP xa que, según a información que ten esta asociación, Augas de Galicia está actualmente a supervisar técnicamente o proxecto da E.T.A.P. de Ponteareas para a súa posterior tramitación administratriva e licitación, polo que entendemos que a tramitación das obras non está tan adiantada como o Alcalde quere facer ver.

Este feito nos foi comunicado recentemente por Augas de Galicia como primeira resposta despois de oito meses sin ter ningún tipo de comunicación por parte da Xunta de Galicia nin do Concello.
Asi, despois de que tiveramos constancia da publicación no B.O.P. de 16 de xaneiro de 2009 da aprovación por parte da Corporación Municipal de Ponteareas do proxecto da E.T.A.P. cun orzamento de 1.381.142 euros, solicitamos por escrito tanto á Xunta de Galicia como ó Concello de Ponteareas que se nos informara do desenrolo do proxecto, xa que entendíamos que despóis de estar este aprobado, e os terreos postos a disposición da Xunta por parte do Concello, o paso seguinte sería o inicio da construción da potabilizadora. Ó non obter ningún tipo de resposta, volvemos a solicitar información no mes de setembro, co resultado desta resposta por parte de Augas de Galicia. O Concello de Ponteareas aínda non se dignou a dirixirse a nós.

É evidente a falta de interés por parte da Xunta de Galicia e do Concello de Ponteareas por un asunto tan importante para os veciños da vila como é a calidade da auga potable que recibimos. Un servizo, temos que recordar, polo que unha empresa privada se está beneficiando a costa dos veciños co permiso do Concello.
E mentres tanto polos grifos das nosas vivendas sae lodo cada vez que chove.

lunes, 8 de junio de 2009

Solidarizámonos coas reivindicacións dos veciños de Canedo e San Vicente

Dende a asociación Auga Limpa queremos manifestar o noso apoio á reivindicación dos veciños de Canedo e San Vicente de que se respecte a legalidade na construción da rotonda na N-120 e sobre todo no tocante ó Regato da Venda.
Dende que no 2006 se adxudicaron os traballos para a construción dunha rotonda no cruce de San Vicente e Canedo coa N-120 os veciños levan visto empeoradas as condicións para acceder ás súas parroquias, posto que o único que se leva feito son movementos de terras e a obstrución do paso inferior, que era unha opción utilizada por moitos deles. Estas obras están afectando ó coñecido Regato da Venda, polo que nos consta que se debería contar para facelas coa debida autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, autorización que polo que parece non existe.
Sabemos que o regato da Venda xa foi ilegalmente entubado e aterrado e que soporta o vertido de augas residuais que van a parar finalmente ó rio Tea, do cal se nos subministra a auga que chega ata as nosas vivendas. Polo tanto, e xa que se están realizando obras no entorno do regato, esta é a mellor ocasión para que se separen as augas do regato das residuais e se envíen estas últimas á depuradora, eliminando así un dos vertidos que están a contaminar o rio Tea. Si esta separación non se fai agora, será moito máis difícil eliminar estes vertidos ó rio cando as obras estean rematadas. Nos entendemos que o Ministerio de Fomento, que é o promotor de esta obra, debe facilitar ós veciños a ficha técnica da mesma que lle están solicitando para poder saber de certo que é o que se vai a facer alí e que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten a obriga de pronunciarse con respecto a este tema. Por outra banda, o goberno municipal parece estar desaparecido de todo este asunto, o que tampouco nos sorprende.

martes, 28 de abril de 2009

A asociación Auga Limpa celebróu a súa segunda Asemblea Xeral.

Os socios valoraron positivamente a labor da asociación de transmitir ás distintas administración públicas o malestar dos veciños coa mala calidade do servicio de auga da traída.

Na asemblea celebrada o domingo 26 de abril na Sala de Usos Múltiples ó lado do Parque das Pombas, deuse un repaso á actividade da asociación durante estes casi dous anos dende a súa fundación. Ó longo deste tempo a asociación recolleu o reclamo veciñal de mellorar o servizo de auga da traida da vila. Un servizo a todas luces deficiente que suministra ós veciños un auga con diversas partículas, en ocasións incluso con lodo e sempre cun forte olor a cloro, motivos estes que a fan inservible para beber e mesmo para cociñar.

A asociación transmitíu durante este tempo o malestar veciñal á Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas e mesmo entregóu ó Concello máis de 800 firmas de adhesión a un escrito no que se reclamaba a mellora do servizo e repartíu tamén outro escrito para enviar ó Valedor do Pobo.

Na Asemblea tamén se deu conta ós socios da evolución dos trámites para a construcción dunha Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) na vila. Despóis do anuncio en outubro de 2008 por parte do Alcalde da compra dos terreos e da aprobación do proxecto da ETAP polo Pleno Municipal, proxecto ó que tivo acceso esta asociación, non se ten aínda constancia de que todo isto se vaia a materializar en breve.

En febreiro de 2009 esta asociación dirixiuse ó Concello de Ponteareas e á Xunta de Galicia facendo tres preguntas concretas:
  1. Si o Concello xa enviara toda a documentación necesaria para a licitación da obra.
  2. Que nos informara do estado dos trámites para a súa construcción.
  3. E no caso de que estiveran todos os trámites realizados, si existía xá data de inicio para a construcción da ETAP.
Dous meses despois de transmitidas estas preguntas á Xunta e ó Concello ningúen nos contestóu, polo que nos tememos que esta cuestión tan importante para Ponteareas poida cair no olvido por parte das administracións, aparte de ser un menosprezo hacia a nosa asociación e en última instancia ós veciños.

Na Asemblea os socios acordaron seguir dirixíndose as administracións reclamando a solución do problema da auga e incluso se plantexóu que no caso de que non se avanzara na construción da ETAP habería que iniciar movilizacións veciñais.

lunes, 30 de marzo de 2009

A Xunta de Galicia e o Concello negan información á asociación.

Logo da publicación no B.O.P. da aprobación polo Pleno Municipal do proxecto da E.T.A.P., esta asociación dirixiuse á Xunta de Galicia e ó Concello para que estas administracións públicas nos comunicaran o estado dos trámites actuais para a construción da potabilizadora.
Nos diriximos a estas administracións mediante dous documentos que foron metidos no rexistro de entrada do Concello con data do 27 de febreiro de 2009. No dia de hoxe, non recibimos ningún tipo de resposta.
As nosas preguntas eran concretamente tres, a saber: si o Concello, despois da aprobación do proxecto da E.T.A.P., tiña xa enviada toda a documentación necesaria para a licitación da obra, que nos comunicasen o estado xeral dos trámites necesarios para a construción desta obra e no caso de estar todos estes trámites realizados, si existía xa data de inicio para a súa construción.

Transcurreron xa máis de trinta dias, e nin a Xunta nin o Concello se dignaron a dirixirse a nos para contestar as nosas preguntas. Esta actitude por parte das administracións, que entendemos que teñen a obriga de manter informados ós veciños das súas actividades, fainos temer que o proceso de construción dunha E.T.A.P. na vila de Ponteareas, estea sufrindo novos atrancos.

Por outra parte, esperamos o o cambio de goberno de Galicia, non supoña un novo atraso na solución do problema da calidade da auga en Ponteareas. Que lles quede ben claro que os veciños de Ponteareas imos seguir reclamando os nosos dereitos estea quen estea no goberno.

Esiximos que se informe ós veciños de Ponteareas de cal é a situación da futura planta potabilizadora na vila e que non se demore máis este proxecto. ¡Queremos auga limpa!

jueves, 22 de enero de 2009

A Corporación Municipal aprobou o proxecto da ETAP de Ponteareas.

No Boletín Oficial de Pontevedra do 16 de xaneiro do 2009 aparece publicado que a Corporación Municipal aprovóu en sesión do 01-12-08 o proxecto da Estación de Auga Potable de Ponteareas 1ªFase redactado pola empresa Applus, cun orzamento de 1.381142.55 euros. O proxecto estará exposto ó público polo prazo de 20 dias hábiles (suponse que dende a publicación no BOP) para os efectos de reclamacións.

Segundo o proxecto, o cal accedemos, a obra terá unha duración de 12 meses (dende o seu inicio, do que aínda non hay data) consistirá na construción dunha ETAP en edificación cerrada na que se albergarán tódolos equipos electromecánicos para tratar un caudal de 60 l/s (aínda que nesta 1ª fase se equipará para 30 l/s), a mellora da captación e a construción dun novo depósito de 2000 metros cúbicos.

Animamos a tódolos veciños interesados na mellora da calidade da auga a que se acerquen ó Concello a comprobar o proxecto da obra. Estamos seguros de que sin a presión dos veciños nada se estaría movendo, e todo pode quedar en nada se nos despistamos.

Normativa de calidad del agua de consumo.

REAL DECRETO 140/2003, DE 7 DE FEBRERO,  por el que se establecen los criterios sanitarios de la calidad del agua de consumo humano (BOE nº 45, de 21 de febrero de 2003).

Artículo 4. Responsabilidades y competencias.
 
Sin perjuicio de lo establecido en la Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad, y en la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, se establecen las siguientes responsabilidades en el ámbito de este Real Decreto:
 
1. Los municipios son responsables de asegurar que el agua suministrada a través de cualquier red de distribución, cisterna o depósito móvil en su ámbito territorial sea apta para el consumo en el punto de entrega al consumidor.
 
2. Cuando la captación o la conducción o el tratamiento o la distribución o el autocontrol del agua de consumo lo realice un gestor o gestores distintos del municipio, éste velará por el cumplimiento de este Real Decreto por parte de los mismos.
La responsabilidad de los gestores finaliza en el punto de entrega a otro gestor o en la llave de paso general de la acometida del consumidor.
 
3. Los municipios velarán por el cumplimiento de las obligaciones de los titulares de los establecimientos que desarrollen actividades comerciales o públicas en relación con lo que señala esta disposición. Los titulares de dichos establecimientos deberán poner a disposición de sus usuarios agua apta para el consumo.
 
4. Corresponde a los municipios el autocontrol de la calidad y el control en grifo del agua que consume la población en su municipio cuando la gestión del abastecimiento sea de forma directa.
 
5. Cuando la gestión del abastecimiento sea de forma indirecta, el autocontrol de la calidad del agua de consumo humano es responsabilidad de los gestores, cada uno en su propia parte del abastecimiento.
 
6. Si la calidad del agua de consumo humano sufre modificaciones que impliquen que de forma temporal o permanente no sea apta para el consumo, en cada uno de los casos que señalan los apartados 1, 2 y 3 del presente artículo, el gestor deberá poner en conocimiento de la población y/o de los otros gestores afectados, así como del municipio, en su caso, dicha situación de incumplimiento, las medidas correctoras y preventivas previstas, a través de los medios y en la forma que considere más adecuada, de acuerdo con la autoridad sanitaria, a fin de evitar cualquier riesgo que afecte a la protección de la salud humana.
 
7. Los propietarios del resto de los inmuebles que no estén recogidos en el apartado 3, son responsables de mantener la instalación interior a efectos de evitar modificaciones de la calidad del agua de consumo humano desde la acometida hasta el grifo.
 
Artículo 5. Criterios de calidad del agua de consumo humano.
 
El agua de consumo humano deberá ser salubre y limpia.
A efectos de este Real Decreto, un agua de consumo humano será salubre y limpia cuando no contenga ningún tipo de microorganismo, parásito o sustancia, en una cantidad o concentración que pueda suponer un riesgo para la salud humana, y cumpla con los requisitos especificados en las partes A y B del anexo I.
 
Artículo 6. Punto de cumplimiento de los criterios de calidad del agua de consumo humano.
 
El agua de consumo humano que se pone a disposición del consumidor deberá cumplir los requisitos de calidad señalados en esta disposición, en los siguientes puntos:
 
a) El punto en el cual surge de los grifos que son utilizados habitualmente para el consumo humano, para las aguas suministradas a través de una red de distribución, dentro de los locales, establecimientos públicos o privados y domicilios particulares.
 
b) El punto en que se pone a disposición del consumidor, para las aguas suministradas a partir de una cisterna, de depósitos móviles públicos y privados.
 
c) El punto en que son utilizadas en la empresa, para las aguas utilizadas en la industria alimentaria.