domingo, 9 de mayo de 2010
Auga Limpa celebra a súa III Asemblea Xeral Ordinaria
Nesta asemblea os socios valoraron positivamente a labor da asociación posto que ó parecer foi determinante para que agora mismo xá estea licitada a construción de unha planta potabilizadora en Ponteareas. A licitación da obra aparecéu publicada no D.O.G. do xoves 25 de febreiro de 2010 cun prazo de execución de 15 meses. Xa que logo, a labor da asociación a partir de agora se centrará en facer o seguimento ó proceso de construción desta obra.
Por outra banda, os socios acordaron permanecer adheridos á Plataforma Defendendo o Tea, posto que todos estiveron de acordo na importancia desta plataforma para loitar pola saúde do rio Tea e o seu contorno.
Asociación Auga Limpa.
martes, 9 de marzo de 2010
Xuntanza co Alcalde de Ponteareas
Esta asociación, solicitóu varias veces ó Concello de Ponteareas ó longo do ano 2009 que se lle informara por escrito da marcha do proxecto da E.T.A.P. de Ponteareas. En todo ese tempo non obtuvemos ningunha información e foi xá no 2010, despois de solicitar unha entrevista persoal, cando o alcalde acedéu a falar con nós.
A xuntanza de hoxe produciuse despóis da publicación no D.O.G. do 25 de febreiro da licitación do proxecto da E.T.A.P. de Ponteareas, que ten un prazo de execución total de 15 meses. Xá que logo, o desenrolo da reunión limitouse á ratificación por parte do Alcalde do xá aparecido no D.O.G. e a reivindicación pola nosa parte de que non se desatendan nun futuro as nosas solicitudes de información de un asunto de tanta importancia para a nosa asociación e para tódolos veciños en xeral.
Dende esta asociación, esperamos que esta obra, que viría a dar solución á mala calidade da auga na vila de Ponteareas comence e remate canto antes, polo que continuaremos facendo un seguimento do desenrolo do proxecto.
Queremos tamén agradecer ós veciños o seu apoio e animalos a que sigan loitando, xá que soamente coa concienciación e movilización acadaremos unha vila mellor.
jueves, 14 de enero de 2010
Ampliar o inexistente.
Por outro lado, seguen publicitando a bombo e platillo as obras de saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas, o cal está moi ben, pero nos seguímonos preguntandos qué é o que teñen pensado facer coas augas residuais que recollerán no futuro estes colectores, posto que a depuradora de augas residuais (E.D.A.R.) que existe actualmente é insuficiente ( se non que expliquen por qué os vertidos de augas residuais que pasan ó lado da depuradora van a parar directamente ó rio) e non parece que teñan ningunha intención de ampliar a existente ou de facer unha nova. Por suposto non se pararon a pensar niso. Verterán directamente ó rio, total traga con todo. O final chegará o dia no que o rio Tea sexa unha canle de auga pútrida e nos preguntaremos por qué.
miércoles, 13 de enero de 2010
Un ano máis sen E.T.A.P.
Xa pasou máis de un ano dende que o Pleno Municipal aprobou o proxecto da futura potabilizadora de Ponteareas e a dia de hoxe aínda non existe data para o inicio das obras.
No pasado mes de outubro o Alcalde de Ponteareas felicitábase de ter acadado un aumento do financiamento da obra por parte da Consellería de Medio Ambiente dun 70% a un 80% e agradecía o “esforzo orzamentario” da dita Consellería, pero isto parece que finalmente non valeu para nada. Agora resulta que o Concello non pode asumir o 20% do costo da obra que lle tocaría financiar polo que estamos igual que antes.
Queremos recordar, que o servizo de auga potable é un servizo básico e o Concello, independentemente de que este servizo estea xestionado por unha empresa privada, é o responsable de que se preste en boas condicións, polo que a construción dunha potabilizadora na vila debería ser para o Goberno Municipal unha prioridade. O Goberno Municipal ten a obriga de por solución á mala calidade da auga en Ponteareas, e estamos seguros de que así como acada financiamento das distintas administracións para obras de menor importancia, tamén pode acadala para a E.T.A.P.. Solo fai falta interese en solucionar o problema, sexa por parte do Concello, da Xunta ou do Estado.
miércoles, 4 de noviembre de 2009
Asemblea Xeral Extraordinaria
· Adhesión da asociación Auga Limpa á plataforma Defendendo o Tea.
Na asemblea explicouse os socios o tipo de actividade ó que se vai a dedicar a Plataforma, da que forman parte diversas organizacións veciñais e políticas.
Esta actividade consiste principalmente na divulgación dos valores do rio Tea e a súa protección.
Unha vez debatido o asunto, aprobouse por unanimidade dos socios presentes a inclusión da asociación Auga Limpa na plataforma Defendendo o Tea, así como o pago por este ano 2009 da cuota anual de 60 euros da nosa asociación á plataforma.
O pago da cuota, así como a adhesión da asociación á plataforma, quedará supeditado anualmente á aprobación dos socios, que valorarán a conveniencia de permanecer na plataforma.
sábado, 24 de octubre de 2009
Augas de Galicia aínda está supervisando o proxecto da E.T.A.P. de Ponteareas.
Este feito nos foi comunicado recentemente por Augas de Galicia como primeira resposta despois de oito meses sin ter ningún tipo de comunicación por parte da Xunta de Galicia nin do Concello.
Asi, despois de que tiveramos constancia da publicación no B.O.P. de 16 de xaneiro de 2009 da aprovación por parte da Corporación Municipal de Ponteareas do proxecto da E.T.A.P. cun orzamento de 1.381.142 euros, solicitamos por escrito tanto á Xunta de Galicia como ó Concello de Ponteareas que se nos informara do desenrolo do proxecto, xa que entendíamos que despóis de estar este aprobado, e os terreos postos a disposición da Xunta por parte do Concello, o paso seguinte sería o inicio da construción da potabilizadora. Ó non obter ningún tipo de resposta, volvemos a solicitar información no mes de setembro, co resultado desta resposta por parte de Augas de Galicia. O Concello de Ponteareas aínda non se dignou a dirixirse a nós.
É evidente a falta de interés por parte da Xunta de Galicia e do Concello de Ponteareas por un asunto tan importante para os veciños da vila como é a calidade da auga potable que recibimos. Un servizo, temos que recordar, polo que unha empresa privada se está beneficiando a costa dos veciños co permiso do Concello.
E mentres tanto polos grifos das nosas vivendas sae lodo cada vez que chove.
lunes, 8 de junio de 2009
Solidarizámonos coas reivindicacións dos veciños de Canedo e San Vicente
Dende que no 2006 se adxudicaron os traballos para a construción dunha rotonda no cruce de San Vicente e Canedo coa N-120 os veciños levan visto empeoradas as condicións para acceder ás súas parroquias, posto que o único que se leva feito son movementos de terras e a obstrución do paso inferior, que era unha opción utilizada por moitos deles. Estas obras están afectando ó coñecido Regato da Venda, polo que nos consta que se debería contar para facelas coa debida autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, autorización que polo que parece non existe.
Sabemos que o regato da Venda xa foi ilegalmente entubado e aterrado e que soporta o vertido de augas residuais que van a parar finalmente ó rio Tea, do cal se nos subministra a auga que chega ata as nosas vivendas. Polo tanto, e xa que se están realizando obras no entorno do regato, esta é a mellor ocasión para que se separen as augas do regato das residuais e se envíen estas últimas á depuradora, eliminando así un dos vertidos que están a contaminar o rio Tea. Si esta separación non se fai agora, será moito máis difícil eliminar estes vertidos ó rio cando as obras estean rematadas. Nos entendemos que o Ministerio de Fomento, que é o promotor de esta obra, debe facilitar ós veciños a ficha técnica da mesma que lle están solicitando para poder saber de certo que é o que se vai a facer alí e que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten a obriga de pronunciarse con respecto a este tema. Por outra banda, o goberno municipal parece estar desaparecido de todo este asunto, o que tampouco nos sorprende.
martes, 28 de abril de 2009
A asociación Auga Limpa celebróu a súa segunda Asemblea Xeral.
A asociación transmitíu durante este tempo o malestar veciñal á Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas e mesmo entregóu ó Concello máis de 800 firmas de adhesión a un escrito no que se reclamaba a mellora do servizo e repartíu tamén outro escrito para enviar ó Valedor do Pobo.
Na Asemblea tamén se deu conta ós socios da evolución dos trámites para a construcción dunha Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) na vila. Despóis do anuncio en outubro de 2008 por parte do Alcalde da compra dos terreos e da aprobación do proxecto da ETAP polo Pleno Municipal, proxecto ó que tivo acceso esta asociación, non se ten aínda constancia de que todo isto se vaia a materializar en breve.
En febreiro de 2009 esta asociación dirixiuse ó Concello de Ponteareas e á Xunta de Galicia facendo tres preguntas concretas:
- Si o Concello xa enviara toda a documentación necesaria para a licitación da obra.
- Que nos informara do estado dos trámites para a súa construcción.
- E no caso de que estiveran todos os trámites realizados, si existía xá data de inicio para a construcción da ETAP.
Na Asemblea os socios acordaron seguir dirixíndose as administracións reclamando a solución do problema da auga e incluso se plantexóu que no caso de que non se avanzara na construción da ETAP habería que iniciar movilizacións veciñais.
lunes, 30 de marzo de 2009
A Xunta de Galicia e o Concello negan información á asociación.
Nos diriximos a estas administracións mediante dous documentos que foron metidos no rexistro de entrada do Concello con data do 27 de febreiro de 2009. No dia de hoxe, non recibimos ningún tipo de resposta.
As nosas preguntas eran concretamente tres, a saber: si o Concello, despois da aprobación do proxecto da E.T.A.P., tiña xa enviada toda a documentación necesaria para a licitación da obra, que nos comunicasen o estado xeral dos trámites necesarios para a construción desta obra e no caso de estar todos estes trámites realizados, si existía xa data de inicio para a súa construción.
Transcurreron xa máis de trinta dias, e nin a Xunta nin o Concello se dignaron a dirixirse a nos para contestar as nosas preguntas. Esta actitude por parte das administracións, que entendemos que teñen a obriga de manter informados ós veciños das súas actividades, fainos temer que o proceso de construción dunha E.T.A.P. na vila de Ponteareas, estea sufrindo novos atrancos.
Por outra parte, esperamos o o cambio de goberno de Galicia, non supoña un novo atraso na solución do problema da calidade da auga en Ponteareas. Que lles quede ben claro que os veciños de Ponteareas imos seguir reclamando os nosos dereitos estea quen estea no goberno.
Esiximos que se informe ós veciños de Ponteareas de cal é a situación da futura planta potabilizadora na vila e que non se demore máis este proxecto. ¡Queremos auga limpa!
jueves, 22 de enero de 2009
A Corporación Municipal aprobou o proxecto da ETAP de Ponteareas.
Segundo o proxecto, o cal accedemos, a obra terá unha duración de 12 meses (dende o seu inicio, do que aínda non hay data) consistirá na construción dunha ETAP en edificación cerrada na que se albergarán tódolos equipos electromecánicos para tratar un caudal de 60 l/s (aínda que nesta 1ª fase se equipará para 30 l/s), a mellora da captación e a construción dun novo depósito de 2000 metros cúbicos.
Animamos a tódolos veciños interesados na mellora da calidade da auga a que se acerquen ó Concello a comprobar o proxecto da obra. Estamos seguros de que sin a presión dos veciños nada se estaría movendo, e todo pode quedar en nada se nos despistamos.
lunes, 10 de noviembre de 2008
A Asociación Auga Limpa entrega 800 sinaturas que reclaman a construción dunha ETAP en Ponteareas.
A asociación Auga Limpa de Ponteareas fixo este venres 7 de novembro ás 11 da mañá, a entrega no Concello de Ponteareas das sinaturas recollidas entre os veciños reclamando a mellora do servizo de auga potable na vila.
jueves, 6 de noviembre de 2008
A asociación Auga Limpa fará entrega das firmas de reclamación ó Concello
Si todo isto é así, non debería haber ningún atranco máis polo que esperamos que sen máis demora poñan en marcha este proxecto tan importante para a vila. Sería unha mostra de moi pouca vontade política encontrar agora escusas para atrasar máis o proxecto.
miércoles, 22 de octubre de 2008
Sin noticias dos terreos.
Volveremos a solicitar información, a ver cal é agora o problema.
domingo, 21 de septiembre de 2008
Resposta do Valedor do Pobo.
Animámosvos a que todos enviedes reclamacións. Si alguén quere enviar un texto de reclamación dos que preparamos e non o ten, pode conseguilo póndose en contacto con nós no teléfono da asociación ou por correo electrónico.
A día de hoxe non nos consta que o Concello teña á súa disposición os terreos necesarios para a construcción da E.T.A.P. .
lunes, 8 de septiembre de 2008
sábado, 14 de junio de 2008
Recollida de firmas.

O longo da mañá tivemos a oportunidade de cambiar impresións cos veciños que se achegaban a falar connosco e que colaboraban coa nosa causa firmando un texto no que se insta o Concello de Ponteareas a que poña solución ó mal servizo de auga potable na vila. Os veciños nos trasladaban o seu descontento por non poder utilizar a auga que sae pola billa para mais que lavar ou ducharse, tendo que comprar auga embotellada ou acudir ás fontes para poder ter auga coa que se poida beber ou cociñar.
Nas dúas horas e media que estivemos recollendo firmas, firmaron uns 140 veciños, firmas que se unen ás preto das 500 que xa tiñamos recollidas, co que levamos polo de agora unhas 640, sen contar coas que teñan no seu poder outros socios que tamén están recollendo firmas pero que aínda non temos contabilizadas.
Seguiremos coa loita ata que por fin en Ponteareas se poida beber a auga que sae pola billa.
jueves, 12 de junio de 2008
A asociación "Auga Limpa" solicita información á Consellería de Medio Ambiente

- ¿Recibiu a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible unha proposta remitida polo Concello de Ponteareas poñendo á súa disposición uns terreos para a construción dunha E.T.A.P.?
- En caso de ter recibido a dita proposta, ¿son aptos estes terreos para a construción da E.T.A.P.?
- En caso de ser aptos, ¿existe algunha partida orzamentaria para a realización desta obra?
Por outra banda, tamén solicitamos por escrito ó Alcalde de Ponteareas que nos informe sobre o resultado da reunión que mantivo co Conselleiro de Medio Ambiente.
Con data do 10-04-08, membros da directiva da asociación, mantivemos unha entrevista co alcalde de Ponteareas na que nos comunicou que tiña previsto manter unha reunión co Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que se trataría o tema da E.T.A.P. de Ponteareas. O Alcalde comprometeuse a darnos conta desta reunión unha vez celebrada. A dia de hoxe, aínda non recibimos ningunha notificación ó respecto.
Esperamos ter rápida resposta tanto por parte da Consellería como do Concello e que digan claramente si van a solucionar o mal servizo de auga potable en Ponteareas, ou pola contra van a seguir responsabilizándose uns a os outros.
miércoles, 28 de mayo de 2008
O Concello non informa ós veciños

Na reunión que tivemos co alcalde o día 10-04-08, comprometeuse a comunicarnos o resultado da entrevista que tiña previsto manter co Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible,Manuel Vázquez.Despois de celebrada a nosa Asemblea Xeral, na que comunicamos que estábamos á espera de novas do Concello, nos decatamos de que o alcalde, xunto con representantes das asociacións veciñais de Xinzo, Areas e Arnoso, se reuniron con el, o día 15-04-08, reunión á que por suposto, non fomos invitados.
A día de hoxe o alcalde aínda non se puxo en contacto connosco como acordara para informarnos do resultado de dita reunión. Parece ser que ó señor alcalde non lle parece importante dar conta ós veciños da súa actuación á fronte do Concello.
sábado, 12 de abril de 2008
Ángela Silva e Lino Costas mantiveron unha reunión co alcalde de Ponteareas

Esperamos que exista vontade política tanto pola parte do goberno municipal como por parte da Xunta para solucionar este problema, e que o asunto non se convirta en bota-la pelota uns ó tellado dos outros mentres os veciños seguimos pagando por unha auga que non podemos utilizar; por certo, aínda máis cara.
Normativa de calidad del agua de consumo.
Artículo 4. Responsabilidades y competencias.
La responsabilidad de los gestores finaliza en el punto de entrega a otro gestor o en la llave de paso general de la acometida del consumidor.
A efectos de este Real Decreto, un agua de consumo humano será salubre y limpia cuando no contenga ningún tipo de microorganismo, parásito o sustancia, en una cantidad o concentración que pueda suponer un riesgo para la salud humana, y cumpla con los requisitos especificados en las partes A y B del anexo I.








