En vista de que o suministro de auga potable en Ponteareas é pésimo e que non ten vistas de mellorar, un grupo de veciños da vila decidimos constituirnos en asociación para agrupar forzas coa finalidade de reclamar que se solucione este problema. Esta situación, está afectando a moitos veciños, polo que a asociación está aberta a novos socios. Na asamblea de constitución, elexiuse como presidenta a Ángela Silva. Como primeira actividade, estamos recollendo firmas dos veciños esixindo a solución deste problema, para facerllas chegar ó Concello. Cónstanos que xa se fixeron moitas reclamacións individuais, tanto ó Concello como á empresa concesionaria, pero estas reclamacións foron desatendidas, e chegamos á conclusión de que constituindo unha organización veciñal, teríamos máis forza ante a administración. O problema de momento segue ahí; a auga trae tanta suciedade que ata atasca os filtros dos edificios, tendo que chegar a quitalos para poder ter algo de auga aínda que sexa sucia. A isto engádese que ven habitualmente con exceso de cloro.
Temos que poder beber tranquilamente a auga do grifo, algo que agora mesmo é imposible. Isto está sucedendo cun servicio que os veciños estamos pagando, de maneira que a empresa concesionaria, Aquagest, estase beneficiando do cobro dun servizo que da en malas condicións. Pero ainda que a xestión da auga a esté levando esta empresa, o Concello é o responsable de que esta chegue ós consumidores en perfecto estado, polo que ten a obriga de exisirlle que cumpra coa normativa de calidade da auga, ou de tomar as medidas oportunas para solucionar o problema.

No hay comentarios:
Publicar un comentario